Hoxe tivemos a sorte de contar con Xosé Antonio, un oleiro de Buño que nos ensinou como funciona o torno e como se fan diversas pezas de barro. Despois, deixounos experimentar a nós. Ao principio, estabamos un pouco indecisos porque para a maioría, era algo novidoso; pouco a pouco, empezamos a collerlle gusto e traballamos como verdadeiros expertos. Pasámolo moi ben!
No hay comentarios:
Publicar un comentario