A BREOGÁN tocoulle a mochila viaxeira outra vez, pero é diferente porque esta é vermella e a el gustalle moito esa cor. Os libros gustáronlle todos, había dous contos de animais e un fantástico titulado "Lola". A súa irmá Antía axudoulle a facer o libro da mochila.
A MARCO encantoulle levar a mochila viaxeira e gozou moito con ela, tanto a súa curmá Alex coma el. O conto que máis lle gustou foi "Pluma y Tapón" e á súa curmá tamén, gustoulle moito cando estalou o globo co corno.
ALDARA leu os libros da mochila viaxeira cos seus pais. Encantáronlle todos os libros, pero o dos números abraioulle: foi o libro que máis veces leu. Incluso despois, xogaron cos xogos que veñen na última páxina. Gañou ela, por suposto. Fixo uns debuxos moi bonitos do coelliño e escribiu moitos números. Aldara despídese e nos manda un biquiño.
ABEL estaba moi contento por ter levado a Mochila Viaxeira. O seu libro preferido foi "A cebra Camila"; gustoulle que os demais animais a axudaran a recuperar as súas raias. Outro libro que lle gustou foi "Quen son?" e adiviñar quen era cada quen. Tamén fixo un debuxo da protagonista do conto.
Abel xa está con gana de vover levar a outra mochila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario