Como onte recibimos unha carta da ovella Tecelá pedindo axuda, decidimos ir hoxe á biblioteca do Castrillón. A nosa misión era investigar que era iso que lle querían facer á ovelliña. Alí descubrimos, con axuda das bibliotecarias, que na primavera esquilaban cunha maquinilla especial as ovellas para usar a súa lá e facer bufandas, chaquetas, xerseis,...e sen facerlle ningún dano. Tecelá e nós, quedamos máis tranquilos. Ademais, e como nos portamos moi ben, as bibliotecarias prestáronnos libros para levar a casa e explicáronnos que con papá ou mamá, podiamos facer un carné e levarnos... ata dez libros durante un mes! Grazas por todo!!!
LAZOS AMARELOS
LAZOS VERDES
No hay comentarios:
Publicar un comentario