miércoles, 20 de abril de 2016

Contacontos

Hoxe, as nenas e nenos de infantil escoitamos un conto titulado "Feliz Feroz. O lobo riquiño" da editorial Xerais. 
Feroz, o tío de Lobiño vaise encargar de que o seu sobriño se converta nun lobo de verdade e faga o que fan todos os lobos feroces dos contos: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños... Pero as cousas non saen como el espera. Foi unha historia divertidísima!


No hay comentarios:

Publicar un comentario