Ola familias:
A proposta para esta semana é o conto CARACOL E CARACOLA, que ademáis de ser moi sinxelo e bonito vainos servir para introducir o tema dos
caracois que como ben sabedes viría a ser o noso proxecto do terceiro trimestre.
Se vos parece, deixamos unhas pautas para traballar o conto:
1. Cantamos a canción do conto (eles xa a saben)
2. Leemos o conto sen interrupcións e amosándolles os debuxos o remate da páxina.
3. O remate pasamos a rolda de preguntas:
- gustounos? Que nos gustou mais?
- quen é/son os protagonistas?
-que outras personaxes hai?
4. facemos a ficha técnica do conto que xa debe de estar preparada deixámos tamén unha feita cos recursos da casa de exemplo .
Podemos facer este debuxo ou dos protagonistas, tamén
poden incluir outros. Pintan e dan fondo
Esta servirá para a información do título autor...
Pois se xa estades preparados aquí queda o enlace para que comecedes , a volta recolleremos os vosos traballos para engadir o que xa temos feito. Ánimo e bicos para todos
No hay comentarios:
Publicar un comentario