Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020: RICARDO CARVALHO CALERO

Este ano, a Real Academia Galega dedícalle a Ricardo Carvalho Calero o Día das Letras Galegas.

  

miércoles, 17 de mayo de 2017

jueves, 19 de mayo de 2016

Semana das Letras Galegas

Esta semana adicámola a aprender cousas sobre Galicia e tamén sobre Manuel María, que é o autor homenaxeado deste ano. Ademáis, hoxe disfrutamos da visita duns cesteiros e unhas palilleiras que nos amosaron como traballaban. Entre este grupo de artistas tradicionais. estaban a avoa de Vera e o avó de Hugo, dos lazos amarelos. Moitas grazas a todos!

 MANUEL MARÍA





 



viernes, 13 de mayo de 2016

Quérote máis

O vindeiro venres celebraremos no cole o festival das Letras Galegas para o alumnado.
A canción que imos representar é "Quérote máis" .

viernes, 29 de mayo de 2015

O noso primeiro lip dub

Para poñer o broche de ouro á Semana das Letras Galegas e despois de catro ensaios, por fin o venres 29 de maio fixemos a grabación do lip dub que promoveu o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio. Como veredes,  un traballo absolutamente entusiasta e colectivo de alumnado e profesorado. E todo coa canción "En galego, meu o mundo é", do grupo Brinca Vai.


jueves, 28 de mayo de 2015

Letras Galegas

As nenas e nenos de tres anos fixemos esta pequena homenaxe ao autor protagonista deste ano no Día das Letras Galegas.

LAZOS AMARELOS

LAZOS VERDES




lunes, 25 de mayo de 2015

Festival Letras Galegas

Hoxe celebramos o festival das Letras Galegas no cole. Cantamos  e bailamos a canción "Imos bailar" do grupo "Mamá cabra", fixémolo moi ben e recibimos moitos aplausos. Tamén invitamos os papás que nos viñeron a contar un conto o cole. Mirade que ben nos quedou a canción.


martes, 19 de mayo de 2015

Canción Letras Galegas

Esta é a canción que cantaremos o próximo luns día 25 no festival das Letras Galegas. Como as familias non poderán asistir por problemas de espazo, intentaremos como sempre gravar a actuación para que vexades os  "pequenos artistas".
Debido ao tamaño do escenario e que actuamos xuntos os lazos amarelos e verdes, moverémonos un pouquiño menos que os do vídeo.



viernes, 15 de mayo de 2015

Lipdub para as Letras Galegas

Para conmemorar o Día das Letras Galegas 2015, decidimos facer un LIPDUB ( vídeo musical) entre todo o cole coa canción de Paco Nogueiras do grupo Brinca vai!  "Meu o mundo é !".



Este ano o autor homenaxeado das Letras Galegas é Xosé Filgueira Valverde .